Biscoito caseiro


Este produto está elaborado de forma artesanal e coa mellor materia prima, co que conseguimos un biscoito esponxoso, doce e mollado. A sabia combinación dos ingredientes confirelle un sabor especial e unha excelente conservación, sempre gardándoo nun lugar fresco e seco.
INGREDIENTES: Ovos, azucre, fariña de Trigo, aceite de xirasol e iogur de limón.
Manteigadas


Elaboradas coa mellor manteiga que, xunto co azucre, os ovos e a farina, compoñen unha masa de textura consistente co inconfundible sabor da manteiga. Son o complemento ideal para un bon almorzo ou merenda, acompañando o café con leite.
INGREDIENTES: Manteiga,ovos, azucre, fariña de trigo e margarina.
Rosquillas


Partindo dunha receita tradicional da comarca, elaboramos estas deliciosas rosquillas que teñen como características principais a sua masa esponxosa, o seu lixeiro toque a anisado e o baño de almíbar que as recubre exteriormente, confirelle un toque de sabor especial e proporciona unha excelente conservación.
INGREDIENTES: Farina de trigo, ovos, azucre, manteiga, anís e augardentes.
Cocadas


Elaborados co mellor coco de importación e acompañado de azucre e ovo, enfornado sobre planchas de oblea. Este é un doce moi típico da comarca, que antigamente formaba parte indispensable dos postres dos días de festa.
INGREDIENTES: Coco, azucre, ovo e oblea.
Amendoados


Elaborados coa mellor amendoa e acompañada de azucre e ovo, enfornado sobre planchas de oblea. Este e un doce moi típico da comarca, que antigamente formaba parte indispensable dos postres dos días de festa. Destaca pola súa elevada conservación.
INGREDIENTES: Amendoa, azucre, ovo e oblea.
Galletas de tona


Seguindo unha receita dos nosos ancestros, elaboramos estas galletas de tona coa mestura de tona, manteiga, azucre, fariña e ovo, elaborados de forma totalmente artesanal e forneados no seu xusto punto para conseguir este excelente sabor.
INGREDIENTES: Manteiga, tona líquida, azucre, ovo e hariña de trigo.
Pan


Utilizando as mellores fariñas, poñendo todo o cariño e adicación necesaria, elaboramos os pans de distintas variedades ca máxima calidade, dando prioridade os tempos de fermentación e cocción das pezas, sendo a nosa especialidade o pan tipo “país”, “millo” e “centeno”.
INGREDIENTES: Agua, sal, masa nai, levadura e fariña, dependendo do tipo de pan pode ser de "país", "millo", "centeno" ou "integral".